Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017 »
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« O drama nunha fábrica… | INICIO | O Exemplo da Loita Si… »

Homenaxe ás vítimas da represión

31 10 10 - 12:46 La Voz de Galicia Cedeira chora ás vítimas da represión de 1937 no campo de concentración da vila. Os actos de homenaxe aos reclusos sucedéronse durante toda a mañá

Centenares de persoas participaron no acto que se levou a cabo no auditorio«A democracia e Cedeira agradecen esta sentida homenaxe a aqueles que sufriron o odio e a ignorancia». Con estas palabras inaugurou onte o alcalde da vila mariñeira, José Luís Vergara, o acto en recordo das vítimas da represión no campo de concentración que durante a Guerra Civil montaron os alzados na zona.

Desde primeira hora da mañá, familiares, amigos e veciños das vítimas levaron polas rúas a historia dos reclusos, moitos deles republicanos asturianos enviados á retagarda como prisioneiros. Por iso, os ombreiros de moitos visitantes foron abrigados por bandeiras do Principado, enchendo de cor azul un día gris marcado pola choiva e polas bágoas que deixou o recordo da guerra e das súas consecuencias. 

Monumento ca placa commemorativaNo paseo de marítimo, lugar no que se instalou o campo de concentración, descubriuse unha placa conmemorativa, preludio do acto principal, xa baixo o teito do auditorio, e onde centenares de persoas sen distinción de procedencia puxéronse en pé para cantar o Himno Galego coa banda de música da localidade e a Coral Virxe do Mar.

As palabras comezaron entón a emocionar ao público asistente coa historia dun tempo non tan afastado. Manuel Fernández Pita, presidente da asociación Memoria Histórica Democrática, reclamou verdade, xustiza e reparación, «para que ninguén reescriba a historia culpando aos inocentes, para condenalo e para honrar ás vítimas»

Os valores da democracia tamén foron destacados polo presidente da Asociación Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira, quen ademais lembrou ao recentemente falecido fundador de CC.OO. como un exemplo de loita. 

O Presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, subscribiu estas palabras en nome dos asturianos que se desprazaron até o lugar para honrar aos presos. 

Etiquetas usadas: , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)