Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Outubro 2017 »
D L M M X V S
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Homenaxe ás vítimas d… | INICIO | E. Barrera presenta o… »

O Exemplo da Loita Sindical

25 05 11 - 17:02 mafpita E. Barrera retrata o exemplo da loita sindical da empresa Obras Civiles e homenaxea aos sindicalistas Manolo Mourente e Manuel Bouzón.

Obras CivilesO profesor Enrique Barrera presentará o venres ás 20.00 horas na Fundación Caixa Galicia o seu último traballo de investigación, "Obras Civiles, berros de rebeldía e pedra", editado pola asociación cultural Fuco Buxán.

Trátase dunha investigación que recupera a historia da citada compañía e do intento do Goberno a mediados dos anos 60 de pechala, unha estratexia á que seguiu unha loita obreira que deu como resultado o ingreso no cadro de persoal de Bazán despois dunha intelixente estratexia sindical e a solidariedade dos ferroláns de entón.

Para Barrera "o libro trata de lembrar o sucedido con Obras Civiles e facer unha reflexión sobre un tema de bastante actualidade acerca das loitas que hai que desenvolver para conservar os dereitos conquistados polos traballadores e subliñar valores como a solidariedade, dentro e fóra da propia empresa".

Unha nova estratexia >

Para Barrera, parte do éxito da protesta tivo a súa razón de ser na posta en práctica de "estratexias novidosas como foi a toma do gobernamental sindicato vertical -único tolerado entón- por parte de membros de CCOO. Conseguiron sacar o conflito á rúa para visibilizalo e lograr o apoio da xente". O ensaio tamén supón unha homenaxe a dous dos sindicalistas de CCOO máis directamente relacionados cos acontecementos, Manuel Bouzón Carro e Manuel Fernández Mourente, xa falecido.

A empresa nacional Bazán posuía entre os seus departamentos de traballo a sección de Obras Civiles, creada o 6 de febreiro de 1946 co obxecto de atender as obras de apoio en terra e hidráulicas. Entre os seus numerosos traballos, ademais dos depósitos subte­rráneos para a Marina entre o Vispón e a Base Naval da Graña, a empresa construíu o gran recheo ao mar sobre o que se levantaba a propia factoría, talleres, vías de acceso e oficinas. Así mesmo, peiraos, pantaláns, parque de automóbiles para a Marina, a Escola de Mecánicos ou, entre outras, vivendas para obreiros e enxeñeiros. Unha empresa que á altura de 1966 tiña 1.200 empregados cando o Goberno decide pechala, coa conseguinte folga, entre decembro e xaneiro de 1967, primeiro conflito de semellante envergadura en Ferrol desde a famosa folga do aceite de 1946. O libro estuda a implicación de CCOO nesta loita e os conflictos obreiros en Ferrol a finais dos anos 60 e principios dos anos 70.

"Obras Civiles, berros de rebeldía e pedra" forma parte dos traballos realizados por Enrique Barrera a propósito da memoria histórica no eido laboral, composta por estudos sobre a factoría Pysbe e Peninsular Maderera, que anuncia que terán continuidade con investigacións sobre outras factorías como Fenya ou Megasa.

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)