Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Outubro 2017 »
D L M M X V S
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« IN MEMORIAM (Cedeira … | INICIO | Entrevista a D. Vicen… »

Benvida do alcalde á delegación asturiana

29 10 10 - 10:37 Diario de Ferrol Vergara: “Areces ven a Cedeira a facer borrón e conta nova”

José Luis Vergara, Alcalde de Cedeira"Agradezo ao presidente do Principado de Asturias que accedese a vir para facer borrón e conta nova na historia de Cedeira". Con estas palabras, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, mostraba onte a súa gratitude cara á delegación asturiana por implicarse tan directamente nun acto que, para o primeiro edil cedeirense, "é motivo de alegría por canto representa unha magnífica oportunidade de render homenaxe a toda a xente que estivo no campo de concentración e aos veciños de Cedeira que foron perseguidos polas súas ideas políticas durante a guerra civil e a ditadura". José Luís Vergara entende que o reencontro que se producirá mañá servirá para restituír a "dignidade política e moral" daquelas persoas que "nunca deberon ser acusadas de nada".

Neste sentido, adiantou a intención do seu goberno de entregar aos familiares daqueles que estiveron retidos no campo de concentración un certificado, emitido polo Concello, no que se recollerá o texto seguinte: "A memoria, cando acode á nosa chamada da man da verdade, móstranos o que fomos e nalgunhas ocasións ensínanos o que non deberiamos volver ser. O pobo de Cedeira vive hoxe asulagado pola dor do que xa non ten volta atrás. É o noso deber e o noso desexo devolver a todas aquelas persoas que sufriron en Cedeira a represión que trouxo consigo o golpe de estado de 1936, a través das súas familias, o seu dereito á inocencia".

A delegación asturiana que se desprazará á vila estará integrada por unhas 60 persoas, aproximadamente.

O presidente Vicente Álvarez Areces estará acompañado da viceconselleira de Seguridade e Emigración, María Teresa Ardiz -cuxo pai estivo retido no campo de concentración de Muros- e o viceconselleiro de Benestar Social, Angel González, entre outros responsables do seu goberno. Ademais dos actos oficiais, o Concello de Cedeira ofrecerá un xantar frío aos visitantes e aproveitará, así mesmo, a súa presenza para mostrar o potencial turístico e etnográfico dunha poboación que estes días vive precisamente os actos centrais dos festexos do Samaín.

Etiquetas usadas: , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)