Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Listaxe da Represión … | INICIO | Comunicado de apoio a… »

M.H.D. publica as listas de represaliados

29 05 09 - 15:33 Diario de Ferrol Memoria Histórica Democrática colga en internet as listas de represaliados
Imaxe da páxina na que se pode atopar a lista cos represaliados desde 1936 ata 1970

As investigacións sobre os crimes e a represión en Galicia durante a Guerra Civil e o franquismo foron durante anos terreo para os historiadores locais.

O movemento cívico para crebar o muro de silencio foi tomando corpo e dando asociacións como Memoria Histórica Democrática, que en decembro de 2003 celebrou en Narón un relevante congreso sobre a represión.

Os cambios no Goberno Central e na Xunta dos anos seguintes abriron máis a xanela e sumaron ás universidades ó proxecto de coñecer a historia do século XX.

Así, da fragmentación inicial camíñase cara a unha ollada xeral, que combine as particularidades de cada zona co relato global do que aconteceu do 36 en diante.

Manuel A. Fernández Pita, membro e un dos impulsores de Memoria Histórica Democrática, leva unha década recompilando información sobre os represaliados en Ferrolterra publicada en obras de historiadores como Xosé Manuel Suárez, Bernardo Máiz, Eliseo Fernández, Enrique Barrera, Manuela Santalla ou Emilio Grandío.

Cruzou as bases de datos de cada un deles, buscou en arquivos militares e valeuse tamén de testemuños orais para facer unha listaxe de 2.709 persoas que son, asegura, “só a punta do iceberg” do que pasou.

Á vista de todos > Agora presenta o seu traballo a tódolos interesados a través dunha web da que se encargou Xoán Porto. Visitando a páxina www.memoriahistoricademocratica.org/base pódense consultar algúns datos sobre centos de persoas, con idades comprendidas entre os 15 e os 67 anos, que foron encadeadas, asasinadas, “paseadas” ou perderon o seu traballo por mor das súas ideas. O estudo cínguese ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Esta base de datos ofrécese ós historiadores para que teñan á man información sobre os represaliados, pero tamén é para as familias, que en ocasións descoñecen que algúns parentes foron perseguidos. A reconstrución do acontecido na Guerra Civil e na posguerra está á forza incompleta, xa que hai documentos oficiais da época que desapareceron. Por iso a páxina está aberta a modificacións e á aparición de novos datos aportados polos familiares que a vaian completando.

Fernández Pita trazou unha pequena biografía de cada un deles -esta aínda non está dispoñible na rede- xa que, sempre que hai datos suficientes, adxunta as causas que cada un deles ten nos arquivos xudiciais, os lugares de reclusión polos que pasa e tódolos datos que, por pouco relevantes que parezan, axuden a tirar do fío da memoria.

A investigación parte no 36 e chega ata os 70 pero ten aínda moitos espazos en branco. Faltan os exiliados, os recluídos en campos de concentración, as mortes inducidas, os represaliados da Marina... Trátase, afirma Fernández Pita, “de dignificar e traer ás víctimas para a historia”, coa finalidade engadida de comezar a falar con toda a normalidade posible do que aconteceu.

Di Pita que o sentimento de xenreira está moi lonxe deste traballo, por moito que haxa xente que os acuse diso e que tente “desvirtuar” o que se está a facer. Comenta que está a descubrir “cousas atroces” polo que estes dez anos de traballo foron, en realidade, intermitentes. “Non foron seguidos, non teño estómago para tanto”.

Etiquetas usadas: , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)