Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« A homenaxe será o 30 … | INICIO | Homenaxe aos represal… »

«Verdade, xustiza, reparación»

25 04 10 - 12:52 mafpita Un milleiro de ferroláns piden acabar coa "impunidade do franquismo"
"Verdade, Xustiza, Reparación"

Ao redor dun milleiro de persoas reuníronse onte na praza de Armas de Ferrol para reclamar "verdade, xustiza, reparación" e solicitar que se continúe coas investigacións dos crimes do franquismo que están a ser arquivadas tras o enxuizamento ao xuíz Garzón.

A concentración, que tivo no mesmo día outras réplicas en todo o país, foi convocada e apoiada por asociacións partidos e sindicatos como Memoria Histórica Democrática, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Terra Galega, PSdeG-PSOE, BNG, Esquerda Unida, Xuventudes Socialistas, Asociación Solidariedade África, Asia, América Latina, CCOO, UXT, USTG e as asociacións veciñais de Esteiro e O Prioriño.

Pero á marxe das siglas, a pancarta central foi portada polos familiares de persoas represaliadas ou fusiladas nos anos da guerra Civil ou o franquismo. O lema "verdade, xustiza e reparación", reflicte o que os participantes consideran "insólito", que un xuíz poida ser xulgado por investigar "os asasinatos de máis de 200.000 persoas pola ditadura franquista e por investigar as desaparicións de miles de nenos arrebatados ás súas familias para entregalos en adopción".

Os organizadores da mobilización denunciaron que "o acoso a Garzón iniciouse a instancias de partidos herdeiros do franquismo, cun amplo historial delitivo como é o caso da Falanxe"

No manifesto lido onte asegurouse que "a nosa democracia coxea pola persistencia de poderosos intereses que queren oficializar unha visión amable e plácida da ditadura franquista", á vez que se lembrou que "en Europa xamais foi perseguido e xulgado ningún xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou da Italia fascista". Sostivo que "a Lei de Amnistía de 1977 contradi a carta de Dereitos Humanos, asinada por España, que di claramente que os crimes de desaparición forzada nunca prescriben"

No acto lembrouse que 28 dos 46 xulgados xa pecharon as causas contra o franquismo e neste ano non se levou a cabo ningunha providencia, mentres, apuntaron, funcionan partidos que fan apoloxía do xenocidio e algúns como Falange Española continúan "montando con total impunidade actos de enaltecemento da ditadura"

O acto concluíu coa defensa "da Xustiza Universal e contra a impunidade do franquismo", "queremos unha Xustiza que persiga aos delincuentes e non a quen investiga os delitos".

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)