Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Hoy hace 34 años | INICIO | Concentración en apoi… »

A por a Terceira República !

14 04 10 - 08:36 La Voz de Galicia «Hoxe temos que loitar por conquerir a III República, na conmemoración da segunda»
Pita, en la exposición de la Memoria, en el Ateneo

Hoxe cúmprense 79 anos da proclamación da II República, unha data que durante a ditadura conmemorábase en segredo. Restaurada a democracia, cada ano a súa celebración cobra maior forza. Manuel Agustín Fernández Pita (Ferrol, 1952), técnico en programación da antiga Astano e presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, é un dos organizadores dos actos (exposición no Ateneo, conferencias, acto no antigo cemiterio de Canido e unha cea, xa tradicional, o sábado no restaurante O Galo, de Valón).

-¿Que sentido ten hoxe recordar a II República?

-Se outros anos a data ten un sentido reivindicativo das liberdades en si mesmo, este ano teno máis. Nós queremos darlle un marcado signo de apoio ao xuíz Baltasar Garzón. Queremos reivindicar a III República, que polas canles democráticas cheguemos á abolición da monarquía, e non hai que ter medo a estas cousas, que a ditadura xa caeu.

-¿Que queda daquel tempo?

-Pois case 80 anos despois do 14 de abril de 1931, cando a vitoria das candidaturas republicans nas eleccións locais significou a proclamación da República, os seus valores seguen tendo plena vixencia: a solidariedade, a igualdade entre todos os homes e mulleres, a fraternidad... E, digo máis, coa que está a caer máis aínda temos que loitar porque estes valores manteñanse, consolidense e non se produzan retrocesos.

-¿A que se refire?

-¿Pero non o ve vostede? a dereita cada vez máis dereitona, os herdeiros de Franco, do fascismo, conseguen que se procese ao xuíz Baltasar Garzón, sentalo no banco. Pero xa dicía o noso Castelao cando os franquistas mataban a eito e deixaban os cadáveres nas cunetas: Non enterran mortos, enterran semente de libertade. E aquí seguimos e seguiremos, e se nós caemos ou desistimos outros continuarán.

-¿Cre que estas ideas teñen eco na sociedade actual?

-Nunca foi fácil, pero a cousa avanza e persoas como eu, fillo de quen son [Mourente, líder obreiro ferrolán] e outros fillos de represaliados temos a obriga moral de perseverar na loita por aqueles valores democráticos. Hoxe non hai que pelexar pola Fronte Popular, pero si por conquerir a unidade da esquerda e o nacionalismo democrático.

MANUEL AGUSTÍN FERNÁNDEZ PITA Presidente de la Asociación Memoria Histórica Democrática

Etiquetas usadas: , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)