Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Marzo na memoria | INICIO | Honrar a memoria das … »

Franco emprende a súa última viaxe

18 03 10 - 14:24 La Voz de Galicia Un armazón metálico como o empregado no 2002 protexerá esta tarde a estatua ecuestre no seu traslado definitivo a un almacén da Armada no Ferrol

Estatua ecuestre do dictador Fai case oito anos, a estatua ecuestre de Franco que presidía a ferrolá praza de España emprendía o que se prevía fose a sua última e polémica viaxe. Pero o tempo converteuno no penúltimo.

Se todo vai segundo o programado, o cabalo e o seu xinete quedarán hoxe confinados para sempre nunha nave da Armada logo de 35 anos presidindo a entrada do Ferrol e máis de sete expostos ao público no recinto cultural de Herrerías.

Entre catro paredes e baixo unha lona feita a medida, o Concello, titular da efixie, dará cumprimento en chan militar á Lei de Memoria Histórica, que prohibe a súa contemplación pública.

Moitas cousas recordarán aquela madrugada do 2002, que quedou marcada na memoria colectiva dos ferroláns. A primeira, a gran gaiola metálica coa que se pretende protexer a integridade da imaxe. O armazón foi colocado onte para que hoxe o conxunto poida ser izado cun guindastre e depositado nun camión góndola para o seu traslado.

Unha peza de, en total, 9.000 quilos de peso e seis metros de altura que deberá ser trasladada a baixa velocidade para evitar problemas de estabilidade. A estatua mostra ao ditador durante un desfile militar -o único do que hai constancia que o fixo a cabalo- no ano 1945.

A única revista que pasará hoxe será aos buques que se constrúen no estaleiro de Navantia, precisamente o lugar onde se fundiu a escultura deseñada polo madrileño Federico Coullat-Valera.

A última viaxe discorrerá integramente por chan militar, desde as proximidades do recinto onde se aloxa o museo naval ata a nave de repostos que ocupará alén do perímetro do estaleiro. Un itinerario que pola estrada de circunvalación civil sería de 1,2 quilómetros, pero que co trazado interior, esquivando naves e diques, alcanzará ao redor de dous.

Sen público, pero a plena luz do día, o Arsenal agarda completar esta tarde a operación.

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)