Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Homenaxe a Amada Garc… | INICIO | Franco emprende a súa… »

Marzo na memoria

10 03 10 - 10:26 Rafael Pillado Anceios de Liberdade e Democracia

Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chan unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel. Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza organizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo.

O 10 de marzo supoñía un momento álxido na loita pola Democracia e que albiscaba as movilizacións que durante ese ano recorreron Galicia, sobre todo en Vigo. Foi o esforzo e dedicación para atender os mais pequenos problemas, orgaizar núcleos de traballadores desde a pequena á gran empresa; para desenrolar a solidaridade entre elas, diante de cada problema por pequeno que fose, e dos traballadores con outros sectores sociais. Foi, en definitiva, un esforzo por dotar aos traballadores de instrumentos políticos e sindicais capaces de conquerir triunfar sobre da ditadura. Entre elas, as CC.OO. E tivo un coste alto, a morte de Daniel e Amador hai que engadir os moitos feridos, despedidos, detidos e encadeados. Pero nada puido parar aqueles anceios de Liberdade e Democracia. É momento de recordar tamén a compañeiros e compañeiras como Xulio Aneiros, Paco Filgueiras, Xulio Perez de la Fuente, Balbina Valcarcel (A Carbonera), Bárez, Manolo Mourente, Manuel Pillado, etc. E tantos outros. E hoxe, sobre todo, a Manolo Amor e Xosé María Riobó, con quen compartín algúns anos de encerro.

Na actualidade, os problemas son doutras características. Mais, os problemas de fondo persisten. E son moitos os traballadores e traballadoras que padecen a precariedade no traballo, as longas xornadas e sobre de todo o paro. Época na que unha minoría pode provocar unha crise global do sistema, coa pretensión de que sexan os traballadores quen a paguen. Mesmo na nosa comarca afecta gravemente a moitos traballadores e pequenas empresas, a práctica totalidade da sociedade.

E por iso, as ensinanzas de marzo do 72 deben valer para potenciar a unidade de acción sindical, a solidaridade e a movilización de todos os asalariados. En calquera caso, a Asociación Cultural "Fuco Buxán" á que pertenzo, chama a participar en cantas movilizacións sexan convocadas nesta comarca.


(*) Rafael Pillado é vicepresidente da A.C. Fuco Buxán

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)