O cabalo ou a simboloxía franquista
17 01 10 - 14:19 La Voz de Galicia Rafael Pillado: Directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán
O plantexamento de conceder o mesmo dereito a quenes están a favor ou en contra de manter a simboloxía franquista encerra unha trampa que a sociedade non debería tolerar: pór ao mesmo nivel aos demócratas e aos nostálxicos partidarios dunha ditadura que provocou máis de 1.000 asasinatos soamente nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (cifra que está documentada e é verificable).
A Lei da Memoria Histórica obriga á retirada de todolos símbolos que exaltan a ditadura franquista e polo tanto os seus contidos son un mandato de obrigado cumprimento. Quenes defenden que a estatua de Franco non se retire, sitúanse en clara actitude de rebeldía ante a Lei.
O coñecido argumento de que aplicar a citada Lei borra a nosa historia, desliza un plantexamento saduceo: non borrar a historia esixe defendela por enriba de calquera consideración moral. A ditadura de Franco, como a queima de herexes pola Inquisición ou as matanzas de indíxenas durante a conquista de América, forma parte da nosa historia e temos a obrigación de transmitila ás vindeiras xeracións.
Explicar a historia
A historia hai que explicala e debemos honrar aquelas partes que achegan progreso, democracia ou calquera outra virtude, mentres que as que nos avergoñan debemos explicalas como exemplo do que nunca debeu ocorrer.
¿Alguén aceptaría que nos nosos espazos públicos honrásese por igual a Concepción Arenal e a Torquemada polo simple feito de que ambos eran xuristas?.
¿Podemos imaxinar que en defensa da obxectividade désense as mesmas oportunidades de defender o seu punto de vista ao sobrevivente dun campo de exterminio nazi e ao antigo gardián das SS que o vixiaba?
Outra cuestión distinta é que en Ferrol haxa xentes que viviron a gusto e sen sobresaltos baixo a ditadura franquista e estrañan a división entre vencedores e vencidos.
Non son demócratas aínda que non o manifesten de xeito explícito e encubran o seu pensamento con argumentos artísticos ou de respecto ao pasado.

Trackback link: http://nanosamemoria.com/pivot/tb.php?tb_id=43