Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Barrera aclara o moti… | INICIO | "O Segredo da Frouxei… »

Os vestixios do franquismo en Ferrol

13 01 10 - 21:46 mafpita O Alcalde de Ferrol prevé resolver nunha semana o futuro do monumento ao ditador

O goberno local convocará mañá unha xunta de portavoces para fixar unha solución «lóxica e razoable».

A asociación de Memoria Histórica avoga por que se funda a peza.

O presidente e o secretario da asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, e Enrique Barrera, respectivamente, reuníronse onte co alcalde ao que trasladaron a súa postura sobre a estatua. Avogan por que se funda, aínda que propoñen a apertura dunha mesa de debate para que se adopte unha solución por consenso. Confían en que este ano queden eliminados da urbe todolos símbolos franquistas.

Ferrol aínda conserva uns quince vestixios da época franquista.

Ferrol foi unha cidade pioneira na retirada de símbolos franquistas. Pouco logo de 1979, tras as primeiras eleccións locais democráticas, a coalición de socialistas e comunistas que gobernou naquela época apresurouse a reformar o rueiro para substituír nomes como a Avenida do Generalísimo (actual estrada de Castela), Xeral Aranda (Sol) ou José Antonio Girón de Velasco (Carballo Calero). Con todo, a urbe aínda conserva vestixios da ditadura -ao redor dunha quincena-, que terán que desaparecer tal e como obriga a aplicación de Lei de Memoria Histórica. 

Preside a céntrica praza de Amboage a Cruz dos Caídos, instalada nunha das escalinatas deste espazo público. Obra dos talleres de Valentín Molinero, de Madrid, foi inaugurado en xullo de 1940 e é semellante a outros moitos monumentos que se erixiron en diferentes puntos de España ao termo da Guerra Civil para recordar aos mortos do bando vencedor.  

A cruz está no punto de mira dos vándalos. Desde hai uns meses loce en cor rosa, carece de placa, asoma un fragmento dun escudo e está decorada con pintadas.

A rua María ten nos seus números 136 e 224 senllos vestixios franquistas. A primeira localización é a casa natal do ditador. No primeiro piso pódese apreciar unha estampa conmemorativa en relevo que recorda aos irmáns Franco e rememora as súas fazañas na guerra de África e nunha travesía polo Atlántico en hidroavión. Colocouse en 1927, polo tanto é un símbolo anterior á Guerra Civil.

Á súa marxe dereita, exhíbese unha placa descuberta pola duquesa de Franco en 1987 que informa de que nesa vivenda naceu o «caudillo de España e generalísimo dos exércitos».

Nesa mesma rúa, no número 224 atópase o actual edificio de arquivos, actualmente en obras por parte do Ministerio de Defensa. A porta de acceso, no cruzamento coa rúa Atocha, exhibe un escudo franquista de considerables dimensións. Con todo, este símbolo ten os días contados. O Ministerio executa uns traballos para converter este edificio nunha residencia de oficiais, e no futuro aspecto do inmoble xa non figura o escudo.

Non só o Concello ten traballo por diante para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica, senón tamén o Ministerio de Defensa, posuidor do 20% do chan urbano da cidade. O rueiro do Arsenal, o Sánchez Aguilera ou a Escola de Máquinas son tarefas pendentes para o Goberno central. O Concello terase que encargar pola súa banda de eliminar unha placa no parque dos Cabezudos de Caranza.

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)