Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Tres nazis en busca e… | INICIO | Memoria Histórica nos… »

O Inferno dos infernos

28 09 09 - 16:53 La Voz de Galicia Unha amargura que Franco prolongou trinta anos

Para moitos, os nazis aínda reservaron un inferno peor, o do veciño campo de Gusen. E nin sequera a liberación fíxolles xustiza. Unha vez liberados non puideron regresar a Galicia.

O drama dos galegos en Mauthausen non se saldou coa súa liberación. Paradoxicamente, en España os heroes eran quenes loitaran cos nazis na División Azul, mentres que as vítimas dos campos non podían regresar a Galicia. Os sobreviventes non puideron contar o seu drama. Como eran sometidos a traballos forzados na veciña canteira, coa súa escaleira de 186 banzos, pola que cada preso debía subir con 20 quilos de roca. Moitos deron fin ao suplicio arroxándose ao baleiro. Boa parte dos centos de galegos que entraron en Mauthausen foron trasladados ao campo auxiliar de Gusen, coñecido polos presos como «o inferno dos infernos». A maioría morreu alí. De 3.846 republicans que entraron en Gusen dende xaneiro de 1941, só quedaban 444 vivos en 1944.

En Gusen operaba o Doutor Morte, Albert Heim, que experimentaba cos presos e liquidábaos cunha inxección de bencina no corazón. Sospéitase que aínda vive e é hoxe o criminal nazi máis buscado.

En Mauthausen morreron 106 galegos. Pero se estima que puideron ser máis. «Moitos ocultaban a súa procedencia para protexer ás súas familias», afirma Pablo Iglesias , «hai moitos erros nos datos». Sobreviventes documentados hai menos de medio cento. Un deles, Ramón Garrido Vidal, do Grove, salvou a vida porque non foi detido ata mediados de 1944. O grovense escribiu un diario, que narra que a crueldade chegou ata o último día: «Amence chovendo. Durante a noite, morren dous ou tres por extenuación». É o mesmo día da liberación e narra: «Escóitanse tiros e disparos de canón por todas partes. Eses fillos da gran puta instalan unha batería á beira do campo, que fai varios disparos. Os americanos abren fogo e causan algunhas vítimas no campo dos xudeus».

Por fin, aparecen os aliados, que veñen de valeiro, atónitos co que atopan alí. «Moita xente chora. Había moitos que crían que os americanos traerían as mans cheas, pero nin sequera chegaron con medicamentos. Xa hai varios casos de tifus», lamenta o grovense no seu diario. En Mauthausen, os presos republicanos reuniron valor para recibir aos seus liberadores cunha pancarta. «Os españois antifascistas saúdan ás forzas liberadoras», rezaba o cartel. A foto, xunto aos carros blindados da División Acoirazada do xeneral Dager, é xa clásica.

Pero a alegría tornouse decepción. Franco gobernaría en España trinta anos máis. A pesar de todo, seguiron sendo vítimas.

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)