Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« Procesados tres ex ga… | INICIO | Galegos asasinados en… »

Galegos no inferno nazi

28 09 09 - 16:12 La Voz de Galicia A AUDIENCIA NACIONAL BUSCA A TRES CRIMINAIS DAS SS

Centos de galegos viviron o Holocausto nazi. Exiliados tras a Guerra Civil, fuxiron dun horror para meterse noutro e 106 deles morreron en Mauthausen. A Audiencia Nacional acaba de ordenar a detención de tres criminais das SS polos seus delitos.

Francisco Pena espertaba gritando moitas noites do resto da súa vida: «¡Que veñen os alemáns!». Suorento e demudado. Nunca puido esquecer o inferno que viviu de 1940 a 1945, confinado nun campo de exterminio nazi. «Cos amigos, chanceaba, porque rirse ao contar ese drama servíalle de terapia, pero a verdade era distinta», recorda o fillo do sobrevivente. Pena, natural de Cabo de Cruz, foi un dos centos de republicanos galegos que padeceron o Holocausto. Deles, 106 morreron en Mauthausen. Agora, 65 anos logo daquel pesadelo, a Audiencia Nacional acaba de ordear a busca e captura de tres criminais das SS que impuxeron o terror naquel campo.

Para as vítimas galegas, a xustiza chega tarde. Non queda con vida ningún sobrevivente de Mauthausen. O último, Marcelino Pardal, ferrolán e anarquista, faleceu o pasado xuño en Francia, onde residía desde o fin da guerra mundial.

Pero, para os familiares, as noticias da Audiencia son recibidas con alegría. «é bo que se faga xustiza, aínda que a miña avoa, que faleceu este mesmo ano, xa non poderá velo», afirma Fernando Villot, neto do vigués Agustín Cameselle, un dos primeiros en morrer nos campos de exterminio, en 1941. «A miña avoa viviu ata os 102 anos, sempre con medo», asegura Villot: «Perdeu ao seu marido e loitou pola súa familia; ata foi emigrante en Alemaña». Isto último é unha historia común. O raro é que ela era viúva dun home asasinado en Mauthausen. Pero ¿como terminou alí un vigués da céntrica rúa do Príncipe xunto a varios centos de paisanos?

A historia dos galegos no Holocausto comeza en febreiro de 1939, cando longas columnas de refuxiados cruzan os Pireneos. Fuxindo dunha guerra perdida, atoparanse co comezo doutra.

Os republicanos son mal recibidos en Francia. O Goberno galo decide internalos en campos como Carcasson, Argelès-Sur-Mer ou Septfonds, en condicións precarias. Moitos son recrutados para traballar nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, destinadas a reforzar a Liña Maginot, a «defensa infranqueable» que en poucos días de 1940 sería esmagada pola Wehrmacht.

Durante a invasión alemá, morren moitos galegos. E os prisioneiros pronto se converten nun problema. Cando os nazis preguntan ao réxime de Franco se desexa a súa devolución, o ministro Serrano Suñer responde: «Non nos interesan, non son españois». Nunha visita a Berlín, afirma que son apátridas e deixa o caso en mans de Himmler.

O director de Mauthausen, Franz Zieireis, diría no xuízo de Núremberg: «Para estes prisioneiros recibín ordes especiais: os españois xa non debían existir».

Tratados como unha incómoda mercancía, aplicóuselles o decreto Nacht und Nebel (noite e néboa), nome en clave para a solución final. Entrarían no campo e só poderían saír «polo fume da cheminea».

O 6 de agosto de 1940 aparece na estación de Mauthausen o primeiro tren cargado con prisioneiros españois, moitos deles galegos. Van no convoi Agustín Cameselle e Francisco Pena. Xunto a eles, veciños de Bueu como José Fernández Pastoriza ou Manuel Rei Cruz; outro vigués: Manuel Fernández Gutiérrez; pontevedreses como Antonio Gómez Torres ou Claudio Tizón; e coruñeses como Adriano Castillo Soutelo ou Luis Rafales Lamarca.

Sucesivos trens van descargando presos. O 13 decembro de 1940 chega o maior continxente de galegos. A viaxe foi terrible. «Os da Gestapo metéronnos en vagóns de carga. Foron tres días e tres noites encerrados, sen auga nin comida, facendo as nosas necesidades nun recuncho do vagón, que estaba precintado; viaxamos entre vómitos e diarreas, sen saber onde iamos», explicaba nas súas memorias José Jornet, un catalán que viaxaba a bordo.

Pero a viaxe non lles fixo sospeitar a magnitude do horror: «Cando chegamos ao campo, vimos unha alta cheminea da que saían fume e llamaradas. Despedía un cheiro nauseabundo. Cremos que era o sistema de calefacción», afirma Eugenio Batiches, na súa autobiografía O sol extinguiuse en Mauthausen.

«O meu avó só resistiu dez meses», explica Fernando Villot, neto de Cameselle: «A miña familia soubo da súa morte por unha carta dun sobrevivente exiliado en México, que o viu morrer nos seus brazos».

En Mauthausen, se lles tatuóu o seu número de preso, os vestiron co drilich (o famoso pixama de raias) e se lles identificou cun triángulo azul e unha S, correspondentes a apátrida e a Spanien. Un contrasenso no medio dunha tolemia.

A tortura do campo é coñecida. Vímola en decenas de películas, sen sospeitar que, entre as vítimas, había galegos. Pra todos, o peor era o Appell, o reconto de prisioneiros. Mercedes Núñez Parga, natural de Bergondo, e sobrevivente de Ravensbruck, contoullo centos de veces ao seu fillo, Pablo Iglesias , un vigués que hoxe é o delegado en Galicia da Amical de Mauthausen, a asociación que honra en España ás vítimas do holocausto. «A miña nai estaba marcada polo Appell. Formaban no patio, en posición de firmes; estaban entre unha e doce horas así. Vían caer a compañeiros e non podía axudalos; quen movese a cabeza era mallado ata a morte». A marca foron 40 horas seguidas, baixo cero, e saldouse con 500 mortos, que ían esborrallándose na formación.

«Por calquera bobada se lles sometía a sesións de lategazos», explica Pablo Iglesias . «Tiñan que contar cada golpe e, se se equivocaban, volvían empezar», engade.

Mercedes Núñez, que faleceu en Vigo en 1986, «sabía contar ata trinta en alemán». Do mesmo xeito que o resto dos sobreviventes, terminou dominando a lingua de Bach e de Emmanuel Kant.

Etiquetas usadas: , , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)