Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Novembro 2017
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

« M.H.D. presenta novo … | INICIO | El bebé republicano »

Oito relatos vitais de represaliados

18 06 09 - 13:08 Diario de Ferrol “Retallos da Memoria II” recolle oito relatos vitais de represaliados
Retallos da Memoria II

A asociación Memoria Histórica Democrática publica o segundo volume dunha serie que conta as historias de vida de represaliados na Guerra Civil e na posguerra. As propias vítimas ou os seus descendentes poñen voz a un traballo que explica o que pasou máis alá da teoría.

Os grandes feitos históricos teñen consecuencias na vida cotiá dos cidadáns e esas pequenas historias son as que rescata a serie “Retallos da memoria”. A Guerra Civil e a represión que seguiu durante a ditadura non só acabou coa vida de milleiros de persoas, senón que marcou para sempre a dos seus familiares, moitas veces perseguidos e acosados ata verse obrigados a marchar do país.

Os pais de Leonisa Arias Méndez, comunistas, estiveron agochados durante anos mentres ela pasaba de casa en casa durante a Guerra e xa nos tempos máis duros da fame e rebelábase contra as imposicións relixiosas no colexio ou contra os insultos que contra ela proferían os seus compañeiros e tamén os adultos. A persecución chegou ó punto de que o seu proxenitor, tras aprobar oposicións a Correos, tivo que escapar a Francia porque o acoso facíalle imposible vivir no seu país.

Amadeo Varela Rodríguez tivo ó seu pai, socialista, tamén na “lista negra” pero diversas xestións conseguiron que salvara a vida, aínda que non o seu traballo como funcionario nin a casa que lle correspondía como tal. A súa nai era sindicalista e tampouco tivo unha vida fácil. As grandes “misións” relixiosas paraban no seu percorrido diante da súa casa para inculcarlles a fe entre ameazas e, xa de adulto, o propio Amadeo Varela tívose que bautizar de emerxencia ante a ameaza de perder o seu emprego.

José María Fernández Pérez, unha das cinco persoas que reconstruíron o Partido Comunista en Bazán, recorda tamén a familiares fusilados ou obrigados a fuxir, a súa infancia “nacional-católica” no Hospicio e as detencións e duros interrogatorios na represión ó movemento sindical.

No volume aparecen tamén testemuños ós que dan voz descendentes dos represaliados. É o caso da neta de Andrés Iglesias Garrote, que desde Asturias fala do fusilamento deste tenente de alcalde e concelleiro socialista de Fene. A sobriña de Baltasar e Jesús López Ardao lembra como comezou a guerra para a familia: coa queima de tódolos libros que non foran relixiosos, para evitar problemas coa Garda Civil. Baltasar foi asasinado en 1936 e o seu irmán fuxiu a Francia cando o chamaron a filas no bando “nacional”. Os que quedaron, sufriron detencións, continuos rexistros e malleiras.

Dramática é a historia de Fernando Rodríguez Sanmartín, que naceu en Bilbao e formou parte do grupo de nenos enviados a Francia e, despois, a Bélxica. A II Guerra Mundial tróuxoo de volta a España e comeza o periplo por varias cidades na busca do sustento.

Agapito Sobrín estaba buscado en Bembibre, en León, onde executaran a vinte persoas, “pasearan” a catorce e había medio cento de persoas en paradeiro descoñecido por non presentarse ante a chamada do xuíz. Rematou entregándose, tras perder a un fillo e a varios familiares. Vén a Ferrol, pobo natal da súa muller, a traballar cando decae a mineiría.

O último dos testemuños é o de Juan Díaz Blanco, por boca da súa filla. Emigrou moi novo e fíxose comunista na Arxentina. A súa militancia, xa en Ferrol, fixo que ingresara dúas veces en prisión.


“Retallos da memoria II” preséntase mañá ás oito en Sargadelos. Estará presente a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales; o presidente de Memoria Histórica Democrática, Manuel A. Fernández Pita; e o historiador Enrique Barrera.


PD:
O primeiro volume da colección está dispoñible na rede.
       (http://www.memoriahistoricademocratica.org/)

Etiquetas usadas: , , ,
Sen comentarios

Trackback link:

Por favor, active o Javascript para xerar a url de trackback

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.


 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Todas las etiquetas html excepto

 

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)