Strict Standards: mktime(): You should be using the time() function instead in /home/nnmemoria/domains/nanosamemoria.com/public_html/pivot/modules/module_debug.php on line 95
Inicio - Na Nosa Memoria

INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Outubro 2017 »
D L M M X V S
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Etiquetas

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

«Verdade, xustiza, reparación»

Domingo 25 Abril 2010 as 12:52 pm Un milleiro de ferroláns piden acabar coa "impunidade do franquismo"
"Verdade, Xustiza, Reparación"

Ao redor dun milleiro de persoas reuníronse onte na praza de Armas de Ferrol para reclamar "verdade, xustiza, reparación" e solicitar que se continúe coas investigacións dos crimes do franquismo que están a ser arquivadas tras o enxuizamento ao xuíz Garzón.

A concentración, que tivo no mesmo día outras réplicas en todo o país, foi convocada e apoiada por asociacións partidos e sindicatos como Memoria Histórica Democrática, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Terra Galega, PSdeG-PSOE, BNG, Esquerda Unida, Xuventudes Socialistas, Asociación Solidariedade África, Asia, América Latina, CCOO, UXT, USTG e as asociacións veciñais de Esteiro e O Prioriño.

(máis)

A homenaxe será o 30 de outubro

Sábado 24 Abril 2010 as 12:39 pm A homenaxe aos presos do campo de concentración de Cedeira será o día 30 outubro de 2010
Entrevista no principado co goberno asturiano

O Principado de Asturias non só aplaude a iniciativa de rescatar do esquecemento, polo menos, os nomes daqueles asturianos que padeceron cautiverio no campo de concentración de Cedeira, senón que participará activamente na organización dos actos que puidesen ter lugar.

Así se puxo de manifesto no encontro que levou ao presidente e secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, Manuel Agustín Fernández Pita e Enrique Barrera, respectivamente, e ao alcalde da vila, José Luís Vergara, a viaxar onte até a cidade de Oviedo para reunirse con Vicente Álvarez Areces e outros membros do goberno asturiano. 

(máis)

O campo de concentración de Cedeira

Venres 23 Abril 2010 as 12:18 pm Tratan de recuperar do esquecemento aos represaliados do campo de concentración de Cedeira
Por mar tamén chegaron os primeiros preso do campo de concentración

Desde hai tempo a contorna da praia da Magdalena, en Cedeira, converteuse na cara máis amable dunha vila de referencia turística da comarca de Ortegal. Pero non sempre iso foi así. A Guerra Civil, que o alterou todo, deu ao lugar outro protagonismo máis cruel que permaneceu no recordo dalgúns, pero non no da maioría, por iso é polo que entidades e administracións puxéronse de acordo para lembrar que na localidade estivo un do seis campos de concentración situados na provincia da Coruña. A día de hoxe, nada queda fisicamente dunha construción que se distribuíu ao redor dun conxunto de edificios dedicados á salgadura de peixe.

(máis)

Investigar estes crimes non é delito

Martes 20 Abril 2010 as 10:27 am Persiguen a un xuíz por investigar os crimes do franquismo

Concentración en apoio ao xuíz Garzón, na Praza de Armas do Ferrol, o sábado, día 24, as 12:00 da maña.

(máis)

Concentración en apoio ao xuíz Garzón

Venres 16 Abril 2010 as 08:32 am Dez entidades e asociacións convocan en Ferrol unha concentración de apoio ao xuíz Baltasar Garzón

Dez entidades e asociacións da cidade reunironse onte en autoconvocatoria, no local social da AVV de Esteiro, para falar sobor dos actos que se celebrarán en todo o Estado español o próximo día 24 en apoio ao xuíz Garzón e concretar o que vai ter lugar en Ferrol.

(máis)

A por a Terceira República !

Mércores 14 Abril 2010 as 08:36 am «Hoxe temos que loitar por conquerir a III República, na conmemoración da segunda»
Pita, en la exposición de la Memoria, en el Ateneo

Hoxe cúmprense 79 anos da proclamación da II República, unha data que durante a ditadura conmemorábase en segredo. Restaurada a democracia, cada ano a súa celebración cobra maior forza. Manuel Agustín Fernández Pita (Ferrol, 1952), técnico en programación da antiga Astano e presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, é un dos organizadores dos actos (exposición no Ateneo, conferencias, acto no antigo cemiterio de Canido e unha cea, xa tradicional, o sábado no restaurante O Galo, de Valón).

(máis)

Hoy hace 34 años

Sábado 10 Abril 2010 as 2:00 pm Manolo Mourente, o noso pai, na nosa memoria

HOY HACE 34 AÑOS

34 años que tu cuerpo no está entre nosotros
y digo bien tu cuerpo
y digo bien tu cuerpo
por que tu entre nosotros sigues estando

34 años son muchos
pero las cosas no han cambiado tanto
todo por lo que tú luchaste
hoy nosotros tenemos que seguir luchando.

(máis)

34 cabodano da morte do noso pai

Sábado 10 Abril 2010 as 10:09 am Manolo Mourente, en pé na nosa memoria

Non hai mellores palabras que poidan definir a súa perdida que aquelas que foron ditas no momento da súa morte, palabras ditas dende o corazón e ante a consternación sufrida.

(máis)

Semana da República 2010

Venres 09 Abril 2010 as 2:38 pm Actos organizados pola AMHD

Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República.

(máis)

Linkdump


» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)