Venres 26 Marzo 2010 as 10:37 am
Intervención da Asociación Memoria Histórica Democrática no pleno do concello de Ferrol
Ante a moción de apoio ao Xuiz Garzón, presentada por EU, a asociación Memoria Histórica Democrática pide intervir no pleno do día 25 para solicitar a aprobación de dita moción.
De seguido amosamos o comunicado integro leido diante do pleno deste concello.
(máis)
Xoves 25 Marzo 2010 as 12:37 pm
Moción presentada no concello de Mugardos
É de xustiza que, pasados 33 anos desde a restauración democrática, téñase unha merecida homenaxe e recoñecemento público para todos aqueles veciños e veciñas que morreron ou sufriron represión en defensa da legalidade republicana que en 1936 representaba o sistema democrático.
(máis)
Xoves 25 Marzo 2010 as 12:28 pm
Moción presentada no concello de Narón
Narón foi un dos concellos galegos que máis sufriu a represión das autoridades franquistas, estando documentada a lista dos veciños e veciñas que foron asasinados e represaliados e que, salvo excepcións, permanecen na invisibilidade social e institucional.
(máis)
Xoves 18 Marzo 2010 as 2:24 pm
Un armazón metálico como o empregado no 2002 protexerá esta tarde a estatua ecuestre no seu traslado definitivo a un almacén da Armada no Ferrol
Fai case oito anos, a estatua ecuestre de Franco que presidía a ferrolá praza de España emprendía o que se prevía fose a sua última e polémica viaxe. Pero o tempo converteuno no penúltimo.
Se todo vai segundo o programado, o cabalo e o seu xinete quedarán hoxe confinados para sempre nunha nave da Armada logo de 35 anos presidindo a entrada do Ferrol e máis de sete expostos ao público no recinto cultural de Herrerías.
Entre catro paredes e baixo unha lona feita a medida, o Concello, titular da efixie, dará cumprimento en chan militar á Lei de Memoria Histórica, que prohibe a súa contemplación pública.
(máis)
Mércores 10 Marzo 2010 as 10:26 am
Anceios de Liberdade e Democracia
Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chan unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel. Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza organizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo.
(máis)
Linkdump
» O Noso Pai
» Manolo Mourente
» O Noso Tio
» Antonio Mourente
» A Nosa Avóa
» Celia Mourente
» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices
» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes